E agora si, rematamos coas 3 semanas de compromiso co galego. Parabéns a todas e todos polo voso esforzo!!! Agardamos que o pasásedes moi ben, que aprendésedes moitas cousas novas e, sobre todo, que acadásedes a confianza e as ganas para empregar o galego moito máis de agora en diante. De feito, nada nos gustaría máis na Real Academia Galega que que algún ou algunha de vós deixase o modo galego activado para sempre! E por fin, cousa prometida é medio debida; e debida enteiramente, se, quen prometeu, non minte. Por iso, se cumpristes o reto, este é un bo momento para lle lembrar ás vosas profesoras e profesores a súa parte do acordo! A gozar dos vosos premios! Aproveitamos esta derradeira entrada no blog para convidarvos a todas e todos ao evento de presentación e valoración dos resultados da experiencia, este mércores na Casa da Cultura de Bertamiráns. Velaquí vai o convite con toda a información: Por último, compartimos convosco os traballos da terceira semana que nos foron chegando d...